Inauguración do formativo.

A Biblioteca Municipal acolleu onte o acto de inauguración do novo Programa Integrado de Emprego (PIE), que contou coa presenza da concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) e do equipo técnico de emprego.

O Concello seleccionou para o desenvolvemento deste programa que se vén a dúas persoas técnicas de Orientación Laboral, que serán as encargadas de xestionar o PIE e de acompañar ás persoas participantes co obxectivo de mellorar as súas oportunidades de inserción no mercado laboral.

Desde o Goberno local destácase que o Concello continúa apostando decididamente pola promoción económica e pola inclusión laboral e social, dando continuidade ao traballo realizado en edicións anteriores.

A concelleira Beatriz Rodríguez dirixouse ás 100 persoas que serán beneficiarias desta edición, desexándolles que a fomración sexa proveitosa e que acaden a través deste PIE un contrato laboral que lles permita insertarse no mercado de traballo e iniciar unha nova fase.

Tal e como explicaron os orientadores, cada persoa participante contará cun itinerario persoalizado de inserción, adaptado á súa formación, experiencia profesional, aptitudes, inquedanzas e obxectivos profesionais.

O Programa Integrado de Emprego é posible grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que achega un total de 120.365,80 euros, completando o Concello o financiamento co 20 % restante con fondos propios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *