Policía Local también en el vertido de Santa Marta.

“Quen goberna ten que chegar a acordos e buscar recursos, non botar escusas”

O Partido Popular de Cangas denuncia a absoluta falta de xestión e de traballo do goberno local
do BNG e os seus socios fronte á realidade doutras administracións públicas e concellos galegos que están a traballar, acadar convenios e conseguir inanciación para mellorar as súas redes municipais de saneamento e abastecemento.

Así o recolle a resolución publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que a Xunta de Galicia fai pública a sinatura de diversos convenios de colaboración con entidades locais para a realización de obras hidráulicas en distintos concellos. Entre eles destacan os convenios de maior importe dados a coñecer coa Illa de Arousa, por máis de 1 millón de euros, Padrón, por case 11 millóns de euros, ou Foz, por máis de 14 millóns de euros. Municipios de menos entidade que Cangas, nos que gobernan o PSG-PSOE e o BNG, “e que pon de manifesto a falta absoluta de traballo do actual goberno local”.

Os populares sinalan que en Cangas non existe unha proposta nin un proxecto concretado, nin se ten sabido a que subvencións se ten concorrido para dar resposta ao serio problema da rede de saneamento municipal. “Que proxectos levan presentados? A que subvencións se teñen presentado?” cuestionan.

O PP lembra que a rede de saneamento é unha competencia municipal exclusiva, e que son os gobernos locais quen teñen a obriga de planificar, presentar proxectos, pedir financiamento e executar as obras necesarias. Non vale dicir agora que “a culpa é doutros” cando o goberno local leva desde 2015 sen dar solucións reais aos problemas de saneamento, con promesas repetidas e resultados nulos.

A formación denuncia que esta falta de xestión se traduce en deixadez da rede municipal, agravamento do mal estado das tubaxes, frecuentes socavóns nas estradas como consecuencia de fugas nas conducións, e un aumento dos vertedoiros de augas fecais ao mar, que comprometen sectores estratéxicos como a pesca, o marisqueo e o turismo e deterioran a calidade de vida na vila.

Desde o Partido Popular de Cangas esíxense respostas claras sobre por que outros concellos son capaces de chegar a convenios e acadar fondos e por que Cangas segue sen proxectos de saneamento, sen investimento e sen resultado algún. “Non entendemos en que utilizan o tempo nin o diñeiro de todos os veciños, pero o que está claro é que non están a facer o seu traballo”, sinalan.

Os populares conclúen que esta situación é sintomática dunha falta de xestión reiterada e que os veciños de Cangas merecen —e teñen dereito a— un goberno que traballe, que poña en marcha proxectos, que busque financiamento e que execute melloras, non un que se dedique a dar desculpas e a culpar a terceiros da súa propia incompetencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *