Vertido en Cangas.

“O saneamento é competencia do Concello e o BNG leva desde 2015 sen dar solucións” recordan

O Partido Popular de Cangas denuncia que “o colapso da rede de saneamento é consecuencia
directa da falta de traballo e de xestión do goberno local do BNG e dos seus socios, que levan gobernando o Concello de maneira continuada desde o ano 2015”.

“A rede de saneamento é unha competencia municipal, non da Xunta nin doutras administracións. Polo tanto, son eles os responsables do seu estado actual. Tras case dez anos no goberno, xa non valen escusas nin discursos: non fixeron o que tiñan que facer.

O PP pregúntase que fixeron durante todos estes anos, que proxectos presentaron e a que subvencións se acolleron para mellorar o saneamento. “A realidade é clara: non hai obras, non hai planificación e non hai resultados, só promesas incumpridas. Cantos proxectos presentaron? A cantas axudas se presentaron? Cantas multas lle levan pagadas a UTE cos cartos da veciñanza?” cuestionan.

Tamén, denuncian a actitude permisiva dos responsables municipais coa empresa concesionaria, que non cumpre coas obrigas de mantemento nin de investimento sen que o Concello lle esixa responsabilidades. “Mentres tanto, o goberno local mira para outro lado.” O grupo maioritario da Corporación manifesta que “a mala xestión do saneamento ten consecuencias claras: socavóns constantes nas estradas municipais, firmes parcheados con cemento sen arranxar o problema real, deterioro do servizo e vertidos periódicos de augas fecais ao mar, poñendo en risco a pesca e o futuro ambiental de Cangas.”

Nesta liña, resaltan que todo isto repercute directamente na calidade de vida dos veciños, que pagan impostos mentres ven como os cartos non se traducen en solucións. Así, desde a formación esixen ao goberno local que dea explicacións claras: “a que dedican o seu tempo, en que gastan o diñeiro de todos os veciños e por que, despois de tantos anos, Cangas segue cun saneamento en estado crítico” insisten.

“Se agora pretenden que a Xunta asuma todas as competencias municipais, o que teñen que facer e marcharse e deixar que outros fagan o seu traballo, dado que son incapaces de asumir a súas responsabilidades de goberno. Deixen de enganar á xente e asuman dunha vez as súa propia incompetencia ao fronte do noso concello.”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *