A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro Hugo González, asistiron onte á inauguración dun novo curso de cociña organizado pola Asociación de Mulleres Intercambio do Saber e que se está impartindo nas cociñas do Espazo Emprendedor do Parque Azul.
A alcaldesa dirixiuse a todas as persoas que participan desta actividade, desexándolles que lles sexa proveitoso e sobre todo animándolles a seguir participando deste tipo de iniciativas, que fan o día a día dunha vila máis agradable e manteñen ese espírito comunitario esencial que nos caracteriza.
A presidenta do colectivo Puerto Pérez entregoulle á rexedora a insignia da asociación.


