A marinense Raquel Catalán.

O Museo Torres acollerá este venres ás 19.30 horas a presentación do libro “Anaquiños”, a ópera prima da marinense Raquel Catalán (Marín, 2005), unha colección de cartas dirixidas a entes subxectivos: ideas abstractas, emocións, conceptos universais e mesmo entidades invisibles que nos condicionan na vida cotiá.

A través destas, o texto explora temas como a vida, Galicia, o destino, a inspiración e o vínculo humano co inmaterial. As cartas, escritas cun ton íntimo e refl exivo, mesturan fi losofía, literatura e emoción, ofrecendo ao lector unha experiencia única e suxestiva.

Sobre a autora

Raquel Catalán Rodríguez, é unha apaixoada da literatura e a escritura dende a infancia, atopando nas palabras unha forma de expresar sentimentos e contar historias. Actualmente está formándose como fi lóloga clásica e teórica literaria-comparatista na USC, combinando o seu amor polas linguas antigas coa creación literaria.

“Anaquiños” é a súa primeira obra de todos os proxectos que ten no tinteiro. Cando non está escribindo, desfruta da actuación e valora todos os momentos compartidos coa familia e as amizades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *