A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Rural, Pablo Novas, mantiveron unha reunión coa nova xunta e escoitaron as demandas para a parroquia e a Casa de Cultura
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Rural, Pablo Novas, acudiron á Casa de Cultura de Ardán para reunirse coa nova directiva da Asociación Veciñal e Cultural de Ardán Monte Castelo, con María Victoria Chapela Entenza á fronte como presidenta.
Na reunión estivo presente tamén a directiva da comunidade de montes da parroquia, xa que ambas entidades farán un traballo coordinado e común, cada unha desde o seu eido, en prol da parroquia. Esta asociación levaba anos inactiva e a nova directiva ten por obxectivo relanzar a súa actividade e captar novos socios.
Unha das cuestións que se tratou no encontro foron as convocatoria das axudas a asociacións que hai activas neste momento tanto por parte da Deputación de Pontevedra como da Xunta de Galicia e que están destinadas á realización de pequenas obras e á dotación de subministros, que a asociación quere centrar na Casa de Cultura e no entorno de Carballido.
Por outro lado, estudarán a posibilidade de acceder aos cursos e actividades que ofrece a Deputación de Pontevedra a todas as asociacións veciñais, para poder acometer melloras na Casa de Cultura a nivel de mantemento e con novos equipos, para poder impulsar a súa actividade.
Finalmente, abordáronse demandas xenéricas da parroquia en canto a inversións e necesidades máis urxentes. A rexedora desexoulles moito ánimo nesta nova etapa da asociación e deixou a man do Goberno local tendida para todo o que precisen da administración local.

