As personas con mobilidade reducida podrán desfrutar dos Reis na Avenida de Bueu, na parada de taxis e preto da parada de autobuses

Con motivo da celebración da Cabalgata de Reis 2026, o Concello de Cangas ven de deseñar un Plan de Seguridade para dito evento. O tráfico estará cortado entre a rotonda dos Mexillóns e o cruce de Méndez Núñez con Avenida de Marín entre as 17:45 e 20:30 horas.

O percorrido comeza na rúa Alexandre Cribeiro e discorre pola avenida de Bueu, Beiramar e  Avenida de Castelao, rematando enfronte ao Concello onde se celebrará a recepción das súas Maxestades, os Reis Magos

As persoas con mobilidade reducida ou necesidades especiais poden desfrutar do evento en dous sitios reservados exclusivamente que estarán na Avenida de Bueu enfronte a parada de taxis e na zona de carga e descarga preto da parada de autobuses.

Así mesmo, o Concello de Cangas fai as seguintes recomendacións:

  • Acudir con tempo suficiente para aparcar. Teñan en conta os tramos cortados á circulación. As zonas de aparcamento están debidamente sinalizadas.
  • Buscar un sitio amplo e sen aglomeracións para desfrutar da cabalgata. O percorrido é grande polo que hai sitios de menos afluencia de persoas para ver a cabalgata con seguridade.
  • Prohibido usar paraugas ou outros artigos para a recollida de caramelos que poñan en perigo a integridade do resto do público.
  • Non subir ao mobiliario público (varandas, vallas, bancos…) xa que podemos esvarar e/ou caer.
  • Non invadir o espazo do percorrido das carrozas, mantéñanse na marxe da rúa por onde desfilan.
  • Vixiar @s cativ@s, soen despistarse con facilidade. No caso de extravío, manteña a calma e diríxase ao persoal da policía local ou protección civil.
  • Non deixe que nenos/as se acheguen ás carrozas para evitar caídas e mesmo atropelos.
  • En caso de emerxencia, siga as instrucións do persoal de Policía local, Protección Civil e organización.

Para calquera dúbida ou consulta, os cidadáns poden dirixirse ao departamento da Policía Local ( 986 303031) ou tamén ao de Protección Civil ( 986 305530).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *