O alumnado do CEIP da Laxe trasladouse hoxe á Biblioteca Municipal, ata onde foron tamén as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira. Alí deixaron un taboleiro e varios pictogramas deseñados e elaborados por eles para favorecer a accesibilidade cognitiva e que todas as persoas poidan comunicarse.
Ademais da Biblio, están estendendo esta iniciativa aos comercios, locais de hostalaría… e queren facelo tamén para outras dependencias municipais.

