Pleno do Concello de Moaña.

O grupo municipal do PP de Moaña quere denuncia públicamente a través dun escrito «a actitude difamatoria e de desprezo dos traballos e esforzó das persoas que compatibilizamos con moito sacrificio, a vida privada, profesional e familiar co servizo público. Como exemplo cando o día 20 varios concelleiros do PP entregamos no Concello as 300 alegacións dos veciños contra o basurazo.

Resulta que o señor Kevin González dedicuouse na súa réplica dunha moción a exhibir unha foto nosa entregando esas alegacións, para insinuar que non debemos ter outra cousa que facer, ou que non debemos ter un traballo ao que ir.

O clasismo e a chulería que demostrou o señor González polo esforzo dos demáis, e pola vida privada, xunto cunha soberbia impropia de quen gana 20.000 € pagados por todos os veciños de Moaña, demostran unha total falta de respecto.

Por desgraza esas actitudes de desprezo para os demáis non son novas no señor Kevin González, que no pasado xa “consentiu por dúas veces” que dende o seu vehículo, un energúmeno insultara gravísimamente a un concelleiro do Partido Popular de Moaña, cando se estaba dedicando a cuestións persoais.

O señor Kevin González, coa mesma chulería de pacotilla que demostrou no Pleno pode si quere desmentir o que decimos, tamén pode si igualmente quere, pedir desculpas pola bochornosa actitude que tivo no Pleno.

Finalmente, decir que hai unha culpable máxima de todo isto, Leticia Santos, que non só non obrigou ao señor González a retractarse, senón que ante as máis que lóxicas protestas do noso Grupo expulsou a un dos nosos compañeiros. Quen presidindo o Pleno, non condena esas actitudes, as avala e se fai cómplice
delas.

En definitiva esta é a actitude habitual da alcaldesa e do BNG de Moaña, insultar, berrar, mentir, non deixar falar e excusar actitudes sectarias do seu equipo de goberno, con ela mesma a cabeza, e por suposto ir de víctima si lle convén, supoñemos porque ten a piel moi fina cando quere».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *