A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos, acompañados da ilustradora Chus Rojo, encargada da imaxe deste ano, presentaron a programación completa, que dará o seu pistoletazo de saída o día 5 co acendido do alumeado
“Os abrazos, os paseos da man vendo o alumeado, as colas para subir ao tren e ao carrusel, os risos dos máis pequenos coas actividades, as visitas máis esperadas de Papa Noel e os Reis Magos… Todo iso é o Nadal en Marín. Un Nadal para compartir e gozar no noso municipio”. Así presentou a alcaldesa, María Ramallo, a programación do Nadal Marín e a súa imaxe, realizada pola ilustradora Chus Rojo, quen tamén estivo presente na rolda de prensa.
Un Nadal pensado con agarimo, para gozar da compañía dos nosos seres queridos, que terá o seu pistoletazo de saída o venres, 5 de decembro, ás 18.00 horas, coa inauguración da Alameda do Nadal, o Tren e o Carrusel de Estrela de Marín, así como coa Mostra de Artesanía de Galicia.
Ás 18.30 horas, chegará o momento de acender o alumeado de Nadal, “no que estaremos acompañados pola Batucada Axé Bahía, que nunca din que non a amenizar moitos eventos ao longo de ano, que dinamizan a súa parroquia e impulsan un evento, o Axé Bahía Fest, que crece máis en cada edición”. Ao rematar, servirase a tradicional chocolatada.
A partir de entón, arranca unha programación completísima, “pensada para os nenos e as nenas, que para eles é o Nadal, pero tamén para a xente maior, que utiliza moito o tren, por exemplo, así como para o comercio e a hostalaría. Oxalá o tempo acompañe”, comentou a alcaldesa, que tamén destacou algúns clásicos do Nadal de Marín, como os concertos e actuacións. De feito, “e adiantándome a que o preguntedes”, a alcaldesa aclarou que “aínda que nos tivera encantado chegar, non poderemos abrir o Auditorio, que está prácticamente fi nalizado pero estamos cos remates fi nais: suministros que se están instalando, a conexión eléctrica… Despois de tanto tempo e ilusión, queremos abrilo ben e con todo colocado e disposto. Así que este ano tocará despedirnos do Multiusos e de todo o bo servizo que fi xo todos estes anos”.
Repetirase a aposta pola Gran Carpa de Engado Marín Infantil e Xuvenil do Parque Eguren, que abrirán o 19 de decembro, pero que xa antes ofrecerán unha actividade imperdible para a mocidade: o Marín Gaming, que arrancará xa a fi n de semana da ponte, os días 6 e 7 de decembro.
As Ludoxornadas, os concertos da Banda de Música e a Unidade de Música da Escola Naval Militar, os mercadiños de Nadal, as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, a propia Cabalgata, bailes de Fin de Ano e Aninovo… son algunhas das propostas que completan unha programación que xa se pode consultar na súa integridade en www.concellodemarin.es/nadalmarin e que estará dispoñible en programiñas físicos a partir da próxima semana.
Unha ilustración coa que reivindicar un Nadal en familia

Cuns animaliños cheos de tenrura e centrados na realización das tarefas típicas deste momento do ano. Así decidiu Chus Rojo, ilustradora pontevedresa con raíces no Morrazo, confi gurar toda a imaxe do Nadal Marín, que se verá nas marquesinas, a cartelería, os programas, as redes sociais…
A artista quixo “plasmar un Nadal en familia, cos teus, cos amigos, familiares… Unha idea que se afaste un pouco do consumismo e que se centre máis na compañía e no coidado”. Chus agradeceu ao Concello “a oportunidade de facer un cartel para unhas festas tan bonitas”.

