Esta semana rematouse a instalación destes totems, fabricados con materiais sostibles e con durabilidade, que forman parte do contrato de desenvolvemento da Oficina Virtual de Turismo
A sinalización turística é básica para achegar a información actualizada e contrastada dos recursos turísticos tanto á cidadanía como ás persoas que nos visitan. Por iso, dentro do contrato da creación dunha Oficina Virtual de Turismo, englobouse a colocación dunhas balizas que permitan coñecer cales son os datos, a orixe e as curiosidades destes lugares emblemáticos do noso municipio.
Así, esta semana rematouse coa colocación destes totems, fabricados en materiais sostibles e con durabilidade, que constan dun pequeno soporte no que se lles incrustou unha placa co nome do recurso e un QR, que leva directamente á ficha dixital creada dentro da nova web de turismo: marinturismo.es
Concretamente, os recursos sinalizados foron os seguintes, clasificados por categorías:
Patrimonio Cultural:
- Praza de Abastos
- Museo Municipal Manuel Torres
- Museo do Mar
- Paseo Alcalde Blanco
- Capela das Sete Espadas
- Templo Vello + casco antigo de Marín
- Igrexa de Santa María do Campo
- Igrexa de Santa María do Porto
- Igrexa de San Xosé Obreiro de Cantodarea
- Igrexa de Santa María de Ardán
- Igrexa de Santomé de Piñeiro
- Igrexa de San Xulián
- Igrexa de San Diego
- Igrexa de Seixo
- Igrexa Evanxélica de Seixo
- Igrexa Evanxélica de Marín
Costa: - Praia de Portocelo
- Praia de Mogor
- Praia de Aguete
- Praia de Loira
- Praia do Santo
- Praia da Coviña
- Praia de Ribeira
Espazos Verdes: - Finca de Briz
- Lago de Castiñeiras
- Fervenzas de Neibó
- Parque da Brea
- Miradoiro de Portocelo
- Miradoiro de Mogor
- Miradoiro de Pastoriza
- Miradoiro do Cruceiro do Vento
- Miradoiro da Moreira
- Miradoiro da Teoira
Arte rupestre: - Petróglifos de Mogor
- Menhir de Currás
*No caso do Castro da Subidá non se colocou porque xa conta cunha sinaléctica turística renovada.

