As concelleiras de Normalización e Cultura co edil de Deportes presentando o ciclo.

O  programa promovido polo Concello de Moaña é de balde e desenvolverase en novembro, decembro e o inicio de enero

Moaña presenta o seu programa de Os Rechouchíos para este mes de novembro e tamén para o que está por chegar, decembro. Os Rechouchíos xa son un clásico entre o público infantil da localidade e teñen por obxectivo organizar de maneira estable actividades culturais relacionadas coa dinamización lectora e lingüística do público infantil e achegarlles recursos ás familias encamiñados á socialización en galego da infancia.

Neste novo ciclo haberá teatro, narración oral, circo, malabares, moito humor e espectáculos con música en directo.

O primeiro Rechouchío será lugar este venres 14 de novembro na Casa da Cultura de Verducedo ás 18:00 horas coa obra ‘Dada a trasna’ de

Eduvía. A próxima semana, o venres 21 de novembo, tócalle ao Centro Sociocultural Daniel Castelao de Quintela coa produción de Talíua Teatro ‘Voa, voa’, recomendado a partir dos cinco anos.

O 28 de novembro será la parroquia de Domaio la protagonista no Centro Sociocultural Rosalía de Castro con ‘Lúa Triangular. Nada ñe imposible», de Jara Ortíz.

Peter Punk e Brais das Hortas ofrecerá un concerto de Punkinfantil con música, circo, malabares e humor para todos os públicos no Espazo Nadal instalado polo Concello no alto da praza. Ao igual que ‘Cantaxoga’ de Migallas Teatro o venres 19 de decembro tamén ás 18:00 horas.

‘Axóuxeres e panxoliñas’ da man de Sole Felloza e Irina Gruia para celebrar o 26 de decembro e Barullo de Nadal! e Nelson Quinteiro para rematar esta edición o venres 2 de xaneiro de 2026 tamén neste Espazo Nadal.

As actividade do 14 de novembro e do 26 de decembro contarán con intérpretes en lingua de signos de XOGA (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia) Todos os espectáculos son de balde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *