Visita da conseleira á zona xunto á alcaldesa e ediles do goberno.

Trátase de executar un novo itinerario, que se desenvolverá pola marxe esquerda da vía autonómica nunha lonxitude de algo máis de 900 metros, nos que se prevé os elementos de drenaxe e estruturas de contención e sostemento de noiros

A Xunta publicou onte no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto para executar unha senda peonil e ciclista na estrada PO-313, no treito que comunica Cadro e Cadrelo, no concello de Marín, que suporá un investimento estimado de máis de 712.000 euros.

O prazo para presentar alegacións a este proxecto será de 30 días hábiles contados a partir de mañá. Neste link ao DOG pode ampliarse a información.

O obxectivo da Xunta é poder aprobar o proxecto e realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións no primeiro semestre do vindeiro ano, para licitar as obras para a súa execución tamén no 2026.

A intervención que se somete a información pública consiste na execución dun novo itinerario entre os puntos quilométricos 4+120 e 5+035, incluíndo as actuacións complementarias necesarias, nas que se inclúe a execución de elementos de drenaxe e estruturas de contención e sostemento de noiros; dentro do termo municipal de Marín.

Este novo itinerario, que se desenvolverá pola marxe esquerda da citada estrada autonómica, suma unha lonxitude de algo máis de 900 metros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *