O Concello deste axardinamenro despois das obras de humanización. O seguinte paso será a ornamentación da nova rotonda
A beirarrúa pegada aos edificios da Avenida de Ourense transformouse, xerando un antes e un despois que non só mellora totalmente a mobilidade da principal rúa de Marín, senón tamén a súa estética, coa colocación de parterres nos que se empezou onte a plantar.
En total, colocaranse máis de 1.023 unidades que seguen as especies que se plantaron nos parterres da outra beira ou noutros puntos que se comunican con esta gran arteria viaria, como a Rúa do Forte ou a beirarrúa anexa á Escola Naval.
Agora, o seguinte paso será a proposta ornamental da rotonda, pero que debido á colocación dos decorados navideños realizarase xa a inicios do ano que vén.

