Un tramo do río xa limpo.

O concelleiro de Medio Rural informou de que os traballos de limpeza remataron a pasada semana nos ríos Lameira, Grela, Castiñeiras, A Laxe, Casás e Lapamán

O Concello de Marín rematou a pasada semana co plan integral de limpeza e conservación dos ríos do municipio, un plan que é fundamental rematar antes da chegada das chuvias fortes, para garantir que os leitos dos ríos como os seus laterais teñan a menor maleza posible e non se produzan inundacións nos seus entornos, o que pode supoñer un risco importante.

Os traballos consisten no triturado desta maleza, así como na retirada e traslado ao vertedoiro dos troncos de gran tamaño que non se poidan triturar, ademais de plásticos e outros obxectos que supoñan un risco para a saúde dos ríos.

As actuacións desenvolvéronse en:
● Río Lameira: dende a ponte Zapal ata a ponte de Coirados, incluído o regato que pasa por detrás do colexio Sequelo.
● Río da Grela: dende a ponte de Coirados ata o lavadoiro da Presa.
● Río Castiñeiras: dende o lavadoiro de Coirados ata o muíño antigo en A Roza.
● Río da Laxe: dende a ponte do camiño do Peso ata a parcela situada detrás do supermercado Mercadona, incluíndo o corte e recollida das canas notalude do colexio A Laxe.
● Río de Casás: dende a Praia do Santo ata o A Costa.
● Río Lapamán: dende a estrada xeral ata o camiño.

O persoal que realizou estas tarefas conta con formación específica en xestión e aproveitamento de espazos fluviais e piscícolas, co fin de asegurar unha intervención respectuosa co medio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *