Presentación da nova imaxe do MAC Marín, que trata de afondar na súa identidade atlántica e comunicar mellor todo o que queren trasladar cara ao exterior para a nova edición do evento de cine e do audiovisual.
Novas narrativas e ficción sonora serán algunhas das novidades, que se sumarán ás curtas, webseries e longametraxes.
O certame, que segue querendo crear pontes entre o talento local e o que xa despunta no sector, buscará seguir profesionalizándose, pero o seu director, Daniel Antelo, explicou que os números da edición deste ano xa foron bos: participaron 17 longametraxes, 334 curtas, 42 webseries e 7 traballos escolas cinema.
Este ano, a imaxe deixará de lado a figura de John Balan para centrase nun novo símbolo, o dunha serea, «que nos lembra ao mar, ao verán e a Marín», co obxectivo de que se entenda máis de cara a fóra.

