Un momento da reunión.

A Sala de Xuntas do Concello acolleu esta mañá a celebración dunha reunión participativa cos representantes dos grupos políticos da Corporación en torno á redacción do Plan Especial de Protección para o Casco Vello-Banda do Río e Cantodarea.

Tal e como explicaron inicialmente os redactores do plan, están analizando estas zonas, que teñen idiosincrasias propias que das que é posible extraer similitudes comúns de cara á redación de novas normativas, que permitan tres obxectivos básicos:

  • Protexelas a nivel patrimonial, respectando a súa identidade e valor histórico
  • Impulsar a revitalización urbana
  • Fomentar a rehabilitación edificatoria
    Todo iso trazado en torno a unha serie de normativas urbanísticas, que “queremos que as persoas sintan como súas”, explicaron os relatores, xa que sobre todo a incidencia das mesmas será sobre a inversión privada, nas rehabilitacións de vivendas, fachadas…
    Os grupos fi xeron as súas achegas, destacando a importancia de reparar nos casos particulares para poder adaptar, na medida do posible, as esixencias de accesibilidade e edifi cabilidad cos usos tradicionais dos comercios, locais…
    Desde a empresa encargada da redación do documento, que se atopa nunha fase inicial, aseguraron que a nivel de rehabilitación edifi catoria “hai en Marín, tanto na zona de Santa María do Porto como en Cantodarea, moi bos exemplos que poderían servir como boas prácticas para establecer guías de cores, materiais…”.
    Ademais de novos encontros cos membros da Corporación, a participación seguirá os seus pasos con encontros veciñais, sectoriais e co tecido comercial e empresarial. Todos eles son clave para analizar os barrios do presente e proxectar as súas melloras futuras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *