A Asociación Veciñal Espiñeira–San Cibrán anuncia a celebración de dúas actividades especiais para dar a benvida ao outono e manter vivas as nosas tradicións.
O xoves 30 de outubro terá lugar o Concurso de Cabazas, no que pequenos e maiores poderán participar decorando as súas cabazas de Samaín. Haberá premios para as máis orixinais e creativas.
O venres 31 de outubro, a partir das 18:00 horas, celebrarase o noso Magosto Veciñal na Alameda de Aldán, un encontro aberto a toda a veciñanza no que poderemos desfrutar de boa música, sesión de pintacaras para os máis pequenos, e, por suposto, non faltarán as castañas asadas e o tradicional choripán.
Será unha ocasión perfecta para compartir, festexar e fortalecer os lazos entre veciños e veciñas.
