Ramallo con Amalia na súa visita polo seu aniversario.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou esta fin de semana á súa veciña centenaria Amalia Acuña Calviño, aínda que é común escoitar o seu apelido como De Muñoz, herdanza da súa estancia en Venezuela, onde o habitual era perder o segundo apelido despois de casarse. Desde moi pequena, adicouse a impartir costura onde hoxe está o Umia.

Xunto co seu marido Gabriel, tivo tres fillas: Amalita, Beatriz e Aída. Emigrados a Venezuela, o seu marido traballaba nunha mina de diamantes e ela seguía coa costura, alternando as clases co seu traballo nun taller de moda. Ese foi o xermolo do seu propio atelier, «Confecciones Ambaida», en honra aos nomes das súas tres fillas, e creou a súa propia liña de roupa. Os seus deseños vendíanse en varias boutiques de Caracas.

A rexidora co Amalia e a súa familia.

Sempre viaxou ao seu Marín natal e grazas ao seu traballo, esforzo e adicación converteuse no sostén principal da súa familia. Alegre e sorrinte, vai dous días á semana ás clases de ximnasia do Centro Social. Vive cunha das súas fillas, quen, xunto coa súa neta, están totalmente pendentes dela.

Parabéns, Amalia! A seguir con esa forza!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *