Visita da alcaldesa e do edil ás obras.

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro, Manuel Santos, realizaron unha visita de obra xunto cos ténicos da Xunta de Galicia

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, achegáronse ata a Rúa da Ponte, acompañados polo persoal técnico da Xunta de Galicia, administración que financia esta actuación, para coñecer de primeira man en que punto está a obra, que se retomou despois do verán.

Estes traballos, que están a ser executados pola empresa ORESA, son unha continuación da mellora da mobilidade e do espazo urbano que se vén facendo desde Concepción Arenal, ao longo de toda a PO-546, que é unha vía de titularidade autonómica que, ao remate destas obras, pasará a ser municipal.

Como xa se pode apreciar na beira que se rematou antes do parón do verán, provocado para interceder o mínimo posible no tráfico procedente sobre todo das praias, mellorarase o ancho das beirarrúas onde sexa posible e actuarase especialmente nos entronques cos pasos de peóns. Manterase toda a liña de estacionamento existente neste lado da rúa, que se elevará á mesma altura da beirarrúa.

Por outro lado, renovarase todo o pavimento, que aínda que hai uns meses foi obxecto dunha pequena actuación de parcheo e posta a punto, precisa dunha actuación integral para que estea en perfecto estado e garanta a seguridade vial.

A inversión total que está a realizar a Xunta de Galicia neste proxecto global é de máis de 1 millóns de euros, que inclúen esta rúa e dúas fases de humanización de Concepción Arenal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *