“Resulta irónico que a alcaldesa de Cangas e presidenta da Mancomunidade fale dun procedemento ‘impoluto’ despois do “exame da vergoña” e a sentenza condenatoria por realizar contratos en fraude de lei” afirman
O grupo municipal do Partido Popular de Cangas volve a denunciar o “atropelo” do “taxazo” do lixo e denuncia o escurantismo e falta de transparencia coa que se está perpetrando. “Non foron quen de falar cos colectivos en todo este tempo que se tiveron que enterar pola nosa formación do “sablazo” que pretenden aplicar aos petos da veciñanza e nos negocios do noso municipio” sinalan, “mentres foron filtrando de forma parcial e interesada informacións para manipular á opinión pública fronte unha proposta desproporcionada e exclusivamente recaudadora” continúan.
Tamén amosan as súas críticas fronte “ao último exemplo de caos da xestión municipal” polos erros na convocatoria da asemblea da Mancomunidade que tivo que ser anulada por non notificar a todos os seus membros. “Resulta irónico que a alcaldesa de Cangas e presidenta da Mancomunidade teña a pouca vergonza de falar de levar a cabo un proceso “impoluto” cando levan actuando todo este tempo ás costas da xente e dos colectivos co obxectivo de evitar a contestación social” reiteran. Responsabilizan directamente á rexedora nacionalista da repetición da convocatoria que “serve como unha proba máis da súa falta de celo e traballo”.
“Estes feitos xa non sorprenden a ninguén xa que é un suma e segue desde o inicio do mandato” denuncian. “Recentemente o volvemos a comprobar co “exame da vergoña” que volveu a poñer a nosa vila no foco mediático para mal” recordan. “Ou a sentenza condenatoria contra o Concello de Cangas por realizar contratos en fraude de lei á directora da Escola Taller” continúan. “A estas alturas a súa acción de goberno pode recibir moitas calcificacións pero dende logo non ‘perfecto’ senón que máis ben “fraude””.