O grupo municipal do PP de Moaña nun pleno.

Os populares lembran que, no seu día, a plataforma Pro Auditorio convocou a todo o tecido cultural de Moaña nunha das manifestacións máis multitudinarias da historia “para reclamar o auditorio que Moaña merecía” e lamentan que a alcaldesa se conforme “cun edificio cativo e apretado como se a nosa cultura fose a menos”

O grupo municipal do PP de Moaña vén de arremeter contra o goberno do BNG polos “importantes recurtes” realizados no proxecto do auditorio de Sisalde, xa que lembraron que ese mesmo partido hai 18 anos promovía un recinto sociocultural que sería “a luz da cultura de Moaña”, o reformulou en 2019 con 511 butacas e agora redúceo a só 395 -un 23% menos de capacidade- e ademais estará aquilatado pola presenza de vivendas sociais na parte superior.

Os populares, que insisten en que o máis acaído é a súa proposta para destinar esta parcela de Sisalde a construír varias decenas de vivendas sociais da man da Xunta e buscar unha parcela máis ampla para un gran auditorio, criticaron o cambio de postura do Bloque, xa que lembraron que, no seu día, respaldaron ás plataformas culturais e participaron dunha das manifestacións máis multitudinarias da historia “para reclamar o auditorio que Moaña merecía”.

Por elo, lamentan que a alcaldesa, Leticia Santos, se conforme agora “cun edificio máis cativo e apretado como se a nosa cultura e as nosas necesidades nesta materia fosen a menos cando, ao revés, están medrando estas manifestacións e tamén a cifra de habitantes do noso concello”.

Ademais, o PP moañés calificou de “surrealista” que este proxecto “minguante e reducionista” teña que ser pagado, ademais, recurrindo a un préstamo millonario coa conseguinte débeda, “o que cercenará outros servizos e investimentos e todo elo, para facer un proxecto peor que o de hai 18 anos”. “En Moaña con Leticia Santos imos para atrás e a menos en vez de para adiante”, remarcou o voceiro popular.

Ademais, os populares consideran normal que a Xunta non invista neste proxecto do BNG, xa que hai numerosas razóns para desbotalo, xa que “se trata dunha mala actuación que non responde ao que sempre defendeu o pobo, e porque son incompatibles os usos socioculturais e residenciais nun mesmo inmoble, porque os terreos son inviables desde o punto de vista técnico e porque, ademais, é difícil chegar a algún acordo cunha alcaldesa que insulta constantemente á propia Xunta da que so quere cartos”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *