O Concello impulsa esta proposta cultural, que traerá á vila unha selección de filmes e curtas seleccionados nos Premios Mestre Mateo. Será todos os martes ás 19.30h, desde o 23 de setembro ao 28 de outubro, na Biblioteca

A partir da próxima semana, os martes en Marín serán para o cinema galego. O Concello anunciou a actividade cultural “Martes de Cinema”, unha proposta para achegar á veciñanza de Marín os fi lmes seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da man da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

Serán seis sesións, unha delas de curtas, cinco de de longametraxes de ficción e unha de documental. As proxeccións serán os martes, do 23 de setembro ao 28 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Pública, con entrada libre e de balde.

Así será o reparto da parrilla:


23/09 +Cuñados
Un cadáver aparece xusto no medio da ponte internacional de Tui. Uns días antes… Chegou o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para desfrutar das festas favoritas de calquera bo ourensán. Unha comedia irreverente e divertídisima, 100% galega e que segue os pasos do trío de cuñados máis famoso desta terra.
● 90 mins.
● +12 anos.
● Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe, Mellor interpretación masculina protagonista, Mellor dirección, Mellor maquillaxe e perruquería, Mellor dirección de arte, Mellor montaxe, Mellor dirección de produción e Mellor música orixinal.


30/09 Aurora
Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade,
confi anza e profundas conversacións ligadas á morte, a familia, a guerra e o papel da muller.
● 65 mins.
● +12 anos
● Finalista na categoría de Mellor Documental


07/10 Honeymoon
Eva e Carlos son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fi llo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos, pero morre nun accidente absurdo nos Estados Unidos. Como xestionar e superar algo así, cando xa nada te une?
● 86 mins
● + 12 anos
● Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe, Mellor interpretación feminina de reparto, Mellor guión, Mellor interpretación masculina de reparto, Mellor dirección, Mellor interpretación masculina protagonista, Mellor dirección de fotografía, Mellor montaxe, Mellor son e Mellor vestiario.


14/10 🎬 Especial Martes de Curtas
Imaxe real:
● Nai: Rois, 1970. No máis profundo de Galiza, a desaparición dunha cativa fai tremer os cimentos da familia Bandín. Tan só o complexo plan dunha nai desesperada poderá esclarecer o destino fi nal da súa fi lla (16 mins)
● Pura: Unha muller volta a casa para recordar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e fi lma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e as lembranzas (25 mins)
● Véxote: David e Lola van pasar uns días á casa rural do seu amigo Marcos. No medio da natureza buscan atoparse, verse (20 mins)
Animación:
● Sinopse: Andrea, unha anciá con Alzheimer, recibe a visita da súa fi lla Marta na residencia na que se atopa. Durante este encontro, terá unha épica batalla na súa mente contra un monstro que simboliza a súa enfermidade (4 mins)
● Platónico, platónica: Créame un título para un fi lme sobre o amor. Platónico, platónica é un ensaio audiovisual sobre as imaxes, o amor e a súa verdade. Porque sen amor non hai imaxe (9.30 mins)


21/10 Xustiza Artificial
O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artifi cial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza. Ábrese un debate encarnizado. Ten a xustiza un carácter humano irrenunciable? Unha xuíza que forma parte do proceso e a creadora do sistema, que desaparece, serán as protagonistas dun thriller onde a IA ten moito que dicir… ou xulgar.
● 98 mins
● +12 anos
● Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe


28/10 Filmei paxaros voando
Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona, lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, refresa para fi lmar unha película e entender que é o que lle creou ese desarraigo familiar. A saúde da súa nai empeora e comeza tecerse un espazo para sanar vellas feridas e compartir novos momentos de complicidade e amor.
● 100 min
● +12 anos
● Gañadora na categoría de Mellor documental

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *