As rúas de Marín engalanadas coas cintas por San Miguel.

O Día de San Miguel, patrón dos mariñeiros, que se celebra o 29 de setembro, terá o seu día grande, co acto institucional, o domingo 5 de outubro. Antes, o sábado 4, ás 19.00 horas, poderemos desfrutar do Concerto da Banda de Música de Marín na Alameda.

O propio domingo, as actividades arrancarán ás 11.00 horas co acto institucional do Padroado de San Miguel, onde se entregarán as distincións aos Cofrades de Honra e imporanse as Espadas de Prata e de Ouro aos danzantes. Terá lugar no Salón de Plenos do Concello, do que se sairá con destino ao Templo Novo.

Ás 12.00 horas, será a Misa solemne do Coro Thalassa e despois iniciarase a procesión, coa Danza de Espaladas nos lugares habituais, a queima de madamitas e a ofrenda floral na escultura dos danzantes na Praza do Reloxo.

Ás 18.30 horas será o baile dos danzantes na Alameda e fi nalmente ás 19.00 horas, actuará o dúo musical Bela & Charlo.

Esta festa está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia e está organizada polo Padroado de Mareantes de San Miguel.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *