Varios contenedores llenos de neumáticos sacados del fondo de la ría.

As persoas buceadoras que queiran participar terán que anotarse previamente. Para colaborar como voluntario en terra, só será preciso ir ao porto ás 09.30 horas

Este domingo, o club de buceo Rías Baixas organiza unha limpeza submarina no Porto de Aguete, enmarcada no seu proxecto “Recuperación do Morrazo Somerxido”, impulsado polo Plan Social de Ence e que conta coa colaboración do Concello de Marín.

Tal e como explican desde a organización, realizarase tanto unha limpeza submarina como unha recollida superfi cial de residuos nas inmediacións. Os buzos titulados que queiran participar de voluntarios realizarán unha inmersión baixo a organización e directrices do club, para que a actividade sexa efectiva e segura. Será preciso anotarse contactando co clube a través das súas redes sociais. A actividade é totalmente grauíta.

No caso das persoas que non sexan buceadoras, poden axudar como voluntariado en superfi cie, vixiando e prestando asistencia aos buceadores, transportando residuos e clasifi cándoos e apoiando a iniciativa medio ambiental. Para participar nesta modalidade non é preciso apuntarse, só estar no Peirao de Aguete ás 09.30 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *