O Ceip Seara de Moaña.

O Concello de Moaña pon en funcionamento un ano máis o Programa “Moaña Iguala Ensino”. Este programa aportará unha axuda de 100€ por crianza ás familias vulnerables do Concello de Moaña con crianzas que estean cursando estudos regrados. Con esta acción preténdese axudar a minimizar os gastos derivados do comezo do curso escolar e a suba de prezos.

Esta axuda é para que estas familias poidan mercar unicamente roupa e/ou calzado para crianzas que estean matriculadas en calquera etapa educativa, ben sexa educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos ou que estean realizando estudos universitarios. Cada familia valorada como vulnerable polo persoal técnico do departamento de servizos sociais do concello, con crianzas a cargo que estean estudando, recibirá bonos polo importe de 100€ por crianza, para trocar nos establecementos de pequeno comercio local participantes nesta iniciativa.

As familias beneficiarias necesariamente teñen que ter expediente aberto no Departamento de Servizos Socias Municipais, ter a consideración de familia en situación de vulnerabilidade, ter crianzas estudando e estar empadroadas no Concello de Moaña. O prazo para entregar as solicitudes será do 15 ao 30 de setembro de 2025, entregando a solicitude e a documentación acreditativa de estar en situación de vulnerabilidade no rexistro do Concello.

O listado de documentación a presentar, así como o baremo de valoración de familia vulnerable estará publicado a partir do día 15 de setembro na páxina web do Concello de Moaña.

Os comercios colaboradores co programa son captados a través do contacto coas asociacións de comercio local ACIMO e ASENMO e serán unicamente de roupa e/ou calzado.

Os establecementos que non pertenzan a ningunha destas asociacións tamén poderán anotarse como comercios colaboradores do 11 ao 20 de setembro de 2023, chamando ao Departamento de Servizos Sociais Municipais ao teléfono 986 310 100 ou no teléfono móbil 679 717 641.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *