As obras de humanización da Avenida de Ourense e de Concepción Arenal están prácticamente rematadas, a falta de retoques de xardinaría e mobiliario urbano. A da Rúa da Ponte continuará ao remate do verán
A transformación urbana que está experimentando o centro da vila xa está a formar parte da normalidade dos marinenses. As dúas grandes arterias de mobilidade do centro, a Avenida de Ourense e a Rúa Concepción Arenal, desde a rotonda das Anclas ata a Rúa da Ponte, teñen prácticamente fi nalizadas as súas humanizacións.
A alcaldesa, María Ramallo, explicou esta mañá que están rematándose detalles pendentes, sobre todo en canto a mobiliario. “Na Avenida de Ourense, falta plantar árbores e colocar máis bancos e no caso de Concepción Arenal, aínda temos varias xardineiras e outros remates pendentes de fi nalización”.
A rexedora lembrou que entre as dúas obras investíronse 2,7 millóns de euros: 1,2 millóns na Avenida de Ourense, por parte do Ministerio de Fomento, e 1,5 millóns de euros en Concepción Arenal e na Rúa da Ponte, por parte da Xunta de Galicia.
“Trátase dunha inversión moi elevada e que supón 0 custo para as arcas municipais. Insistimos moito nisto. Sabemos que as obras foron molestas e longas, pero agora temos dúas arterias principais completamente renovadas e máis cómodas para todos. E son inversións que só son posibles grazas a un esforzo grande de xestión para chegar a acordos con outras administracións”, explicou Ramallo.
En ambos casos, ganouse espazo para os peóns ampliando as beirarrúas, renovouse todo o mobiliario urbano e mellorouse a fl uidez do tráfi co rodado, especialmente na Avenida de Ourense coa instalación da nova rotonda, “que está funcionando moi ben desde o primeiro momento da súa posta á disposición”.
Rúa da Ponte retomarase en setembro e Travesía do Tiro Naval Janer xa conta con fi nanciación provincial
A parte das obras autonómicas que mellora a Rúa da Ponte arrancou antes do verán e deixou rematada unha das beirarrúas. “Pero trátase dunha vía que ten un uso moi intensivo no verán, coa volta das praias, polo que optamos por deter o avance da obra durante estes meses de maior afl uencia para retomar os traballos agora coa chegada do mes de setembro”, indicou a alcaldesa.
Por outro lado, e para rematar coa mellora integral de todo este corredor, desde o entronque co Vial de Praias ata o linde con Pontevedra, o Concello conseguiu os fondos do Plan Extra da Deputación provincial. Deste xeito, a alcaldesa e o presidente Luís López fi rmaron un convenio por valor de 1,6 millóns de euros que permitirá renovar completamente esta rúa, adaptando as beirarrúas e mellorando a seguridade viaria, así como intervir tamén na accesibilidade do acceso á Finca de Briz, a través da instalación dun andén mecánico.