Critica que «abandone aos veciños e arrisque as súas vidas» antes posibles lumes forestales
O grupo municipal do PP de Moaña valorou o pleno celebrado onte, no que se producíu unha importante protesta dos veciños do Ramil pola falta de limpeza e o risco de lunes forestais, e acusou á alcaldesa, Leticia Santos, de “mentir descaradamente cunha absoluta falta de respecto aos afectados” posto que, malia o que afirmou, non fixo nunha xestión de limpeza coa empresa pública Seaga nin con ningunha outra administración.
“Novamente, e como sucede noutros puntos do noso concello, abandona aos veciños á súa sorte, non asume a súa responsabilidade e, por duro que sone, pon en risco as súas vidas ante posible lunes forestais, de cuxas consecuencias, por desgraza, somos ben coñecedores en Moaña”, apostillou o voceiro municipal, Alfonso Piñeiro.
O concelleiro popular revelou que Seaga, a empresa pública dependente da Xunta encargada da limpeza das franxas secundarias, non recibiu nin ten sobre a mesa ningunha solicitude nin requerimiento para estas rozas cursada polo Concello de Moaña, “o que confirma que estamos ante unha mentira propia dunha escapista que nunca asume a súa responsabilidade”. Para elo, engadíu que o Concello tiña que facer un informe, polo que levan tres anos agardando, e elevalo a Seaga cunha petición formal e, paralelamente, proceder á limpeza do núcleo, que xa é un ámbito da súa competencia en materia de prevención de lumes.
“A rexedora, coa súa prepotencia habitual, leva tres anos pasando deste problema e doutros similares, que aínda temos recente o malestar en García Arenal polo mesmo, evitando aos veciños cos que, ata a data, aínda non se reuníu malia as súas constantes peticións e gardando un absoluto silencio e unha completa inacción ante os seus escritos e demandas, co cal estamos ante unha nova actuación neglixente de Santos e do seu goberno”, apostillou, antes de lembrar que o pasado mes de xaneiro indicoulles que o problema estaría resolto de inmediato “e seguimos nas mesmas ás portas do mes de xullo”.
Por elo, os populares de Moaña expresaron a súa “absoluta solidariedade e apoio” aos afectados, aos que se brindaron a botar unha ma a través de iniciativas plenarias e incluso con xestións con outras administracións”, e esixíronlle ao executivo nacionalista “que deixe de preocuparse tanto do megáfono e se poña a gobernar dunha vez por todas, que xa van dous anos de mandato e van de baleiro”.