Alcaldesa e as forzas de seguridade durante a reunión.

A alcaldesa, María Ramallo, presidiu unha reunión coas partes implicadas na celebración da procesión marítimo-terrestre, nun día efervescente de actividade para a vila

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, mantivo unha reunión de coordinación co xefe da Policía Local, o responsable da Garda Civil e representantes das Confrarías Virxe do Carme e da de Pescadores Santa María do Porto de cara á procesión marítimo-terrestre polo Día do Carme, unha das enseñas de identidade do verán de Marín e unha das tradicións máis importantes das vilas costeiras.

O obxectivo é trazar da forma máis efcaz posible o percorrido da comitiva e o acceso despois ao remolcador no que a Virxe do Carme cruza a ría, acompañada por unha gran cantidade de embarcacións particulares, desexosas de participar nunha das procesións máis arraigadas na comunidade marinense.

Por outro lado, establecéronse prioridades a nivel de mobilidade e de fl uxos de tráfi co, lembrando a dispoñibilidade dos aparcadoiros públicos gratuítos que existen e que nestes días están especialmente solicitados pola gran afl uencia de xente que se rexistra nestas datas.

Arranque da programación do verán esta fin de semana

Hoxe arranca tamén a programación do verán, previa ás semanas grandes das Festas do Carme, coa Concentración Moteira e todas as actividades organizadas polo Festival de Cine do Mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *