Unha fogueira da noite de San Xoán.

Este prazo estará aberto desde hoxe e ata o 20, ambos incluídos. O formulario de petición está dispoñible na sede electrónica, onde se pode cumplimentar e presentar cun certifi cado ou DNI dixital, e no propio edifi cio consistorial, no Rexistro, para presentalo físicamente

O San Xoán é unha noite máxica en Marín para a que o Concello empeza quentar motores. Ábrese o prazo para solicitar a instalación de fogueiras tanto para a noite do 23 de xuño como na festividade de San Pedro, desde hoxe e ata o día 20, ambos inclusive.

O formulario para solicitar as cacharelas pode cumplimentarse e presentarse a través da sede electrónica do Concello de Marín (sede.concellodemarin.es), para o que se precisa contar cun certifi cado ou DNI dixital, ou ben a través do Rexistro Municipal, en horario de mañá.

En canto ás normas de obrigado cumprimento, o Concello lembra que está prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, praias, xardíns ou zonas verdes e baixo tendidos eléctricos e telefónicos. As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edifi cios máis cercanos. A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.

Para a combustión só poderán emplearse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira, quedando prohibido emplear materiais infl amables como neumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC. Tamén se prohibe botar ás cacharelas aerosoles (aínda se están baleiros), aceites, líquidos combustibles e calquera substancia explosiva.

As persoas que asistan á festa, non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela. Queda prohibido facer cacharelas na praia.

As persoas organizadoras das fogueiras, deberán ter coñecemento dos télefonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente: TELÉFONO DE EMERXENCIAS: 112.

A persoa solicitante deberá responsabilizarse do cumprimento das normas establecidas en canto á seguridade e medidas específi cas sanitarias.

Mediante estas normas, de obrigado cumprimento, o Concello pretende garantir a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas de grande tradición, facendo compatible a diversión coa seguridade de toda a cidadanía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *