A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, recibiron este mediodía no Concello ao deportista marinense Joel Santana Martínez, que se proclamou campión de España de Hexatlón, e á súa nai.
O xoven deportista, que está a cursar 3o da ESO, compaxina os seus estudos cunha intensa programación de adestramentos diarios no club vigués no que se está a formar.
Tal e como lle comentou á alcaldesa, agora a súa vista está fixada na celebración do Campionato de España de Octatlón, que se desputará en Gijón, así como a competición galega.
A alcaldesa parabenizouno pola súa traxectoria, que supón un exemplo de traballo, implicación e perseverancia, e desexoulle moita sorte.