Anpa e dirección do colexio traballan conxuntamente para frear o hábito de asistir ás aulas sen facer a primeira comida do día
No CEP Riomaior reinventaron o concepto de almorzo saudable para dar inicio a unha campaña que vai combinar hábitos alimenticios con normas básicas de comportamento na mesa e protocolo á vez que permite ao alumnado descubrir múltiples posibilidades nutritivas para arrancar o día.
O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos escolares e as súas familias sobre a importancia de facer a primeira comida do día antes de comezar a xornada. Detectaron que cada vez son máis as nenas e nenos que chegan ás aulas saltándose o almorzo, coas conseguintes consecuencias no seu rendimento e ata no seu comportamento.
A Carmen Negro, directora do centro, pareceulle necesario intervir para modificar esta tendencia e para logralo conta coa colaboración da Anpa do centro, que colabora tanto na financiación como na loxística necesaria para preparar, servir e recoller o almorzo para 106 menores.
A proposta arrancou hoxe cun almorzo francés para o que utilizaron 20 litros de leite, 18 barras de pan, dous kilos de mantequilla e outros dous de marmelada así como varios de plátano e 60 croissants. Todo un éxito.
Os pratos quedaron limpos.
Ao longo das vindeiras semanas a rapazada do CEP Riomaior terá ocasión de viaxar polos almorzos do mundo desde o comedor do seu centro escolar. Mediterráneo, americano, continental ou inglés son algunhas das posibilidades e nais e profesoras poderían levar á vaixela escolar nas vindeiras semanas. “Queremos que aprendan que o almorzo é o combustible do noso corpo e sen el non poden comezar o día. Se non lles apetece leite ou cereal teñen un millar de opcións máis, pero algo teñen que comer”, explica Carmen Negro que nesta primeira sesión dos almorzos saudables foi un pouco máis alá e explicou ao alumnado normas básicas de comportamento. Por exemplo, que na mesa non se pode comeza a comer ata que todos están servidos ou que a servilleta haina que usar con delicadeza.
O alcalde, César Poza, compartiu este primeiro almorzo coa cativada cos que conversou sobre gustos culinarios e interesouse polas preferencias dos pequenos que fixeron gala en todo momento dun impecable comportamento, un aspecto que para Carmen Negro é tamén fundamental. “Esta iniciativa favorece tamén detalles como pedir permiso con educación para ausentarse dunha mesa ou como teñen que indicar ao camareiro que remataron de comer”. I é que a directora do centro deixoullo claro aos rapaces. “Case
todas as decisións importantes da vida se cerran nun mesa. É importante saber comportarse”.
CRA VILABOA
Por outra parte o alumnado das cinco escolas do CRA de Vilaboa participaron hoxe unha actividade ao aire libre visitando a ruta dos Muiños de Riomaior dentro do proxecto “Mens sana in corpore sano” no que a cativada de Educación Infantil aprende a importancia dos almorzos saudables , de facer exercicio e actividades no exterior en contacto coa natureza para manter intacta a súa saúde.
Achegaronse, acompañados polo alcalde de Vilaboa, ata o muíño 28 donde o señor Manuel os esperaba para explicarlles como funcionan estas estruturas e cada unha das pezas que o conforman.