A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Moaña para tender a man ao PP con medidas concretas a favor do galego, a empezar pola máis inmediata e urxente, derrogar o “decreto da vergoña” e consensuar un novo que debería estar listo para o curso 2025-2026. Destacou o papel das mulleres como conservadoras e transmisoras da cultura popular no acto de Galiza Nova previo ás Letras Galegas.