Luis López, presidente Diputación de Pontevedra.

Recibirán 13.300 e 14.050 euros, respectivamente, para sufragar gasto corrente e afrontar investimentos para apoiar a persoas en situación ou risco de exclusión social

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o reparto de preto de 30.000 euros para que Bueu e Moaña, os dous concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca do Morrazo, poidan atender as necesidades urxentes de persoas que se atopen en situacións ou risco de exclusión social. Como explicou o presidente provincial, Luis López, son as coñecidas como Axudas Básicas de Emerxencia, “unha liña de achegas para apoiar a aquelas persoas que máis o precisan, e que demostran o noso firme compromiso cos máis vulnerables, poñendo especial atención na mellora da súa calidade de vida e da súa autonomía persoal”. En total, a Deputación de Pontevedra destinará este ano 615.000 euros para os 51 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Bueu recibirá 13.300 euros, mentres que Moaña verase beneficiado de 14.050 euros, unha contía que se establece en función do número de habitantes que teña cada concello así como doutros indicadores, entre os que se atopan a taxa de desemprego, a dependencia ou a renda.

Destes preto de 30.000 euros que acaban de aprobarse para Bueu e Moaña, 21.350 permitirán aos concellos sufragar gasto corrente, como alimentación, uso da vivenda ou pagamento de servizos e subministros básicos, entre outros, mentres que o resto, 6.000 €, irá destinado a afrontar investimentos como actuacións de mellora en vivendas de persoas vulnerables, entre outras moitas iniciativas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *