A Brigada de Obras e a de Electricidade están a executar distintas actuacións no local social e no parque da Cañota, co obxectivo de mellorar o espazo público e a calidade de vida do barrio
O Concello de Marín, a través da súa Brigada de Obras e a de Electricidade, está a levar a cabo estes días unha serie de intervencións no entorno da Cañota, centradas en tarefas de mantemento, renovación e posta a punto de espazos públicos, co obxectivo de mellorar o barrio e dar resposta ás necesidades da veciñanza.
No local da Cañota, procedeuse á retirada dos antigos proxectores de iluminación, substituíndoos por novos dispositivos LED máis efi cientes e sostibles, contribuíndo así ao aforro enerxético e á mellora da visibilidade.

Tamén se están a acometer traballos de reparación na fachada, tapando taladros e desconchados, así como o pintado das marcas de óxido, co fi n de mellorar o aspecto exterior do edifi cio e garantir a súa conservación.
Ademais, a Brigada de Obras tamén está a realizar o pintado do cerrado do parque situado na mesma zona, contribuíndo á posta a punto dun espazo de lecer fundamental para os máis pequenos e para o conxunto da veciñanza.
Estas actuacións forman parte dun plan continuo de mantemento urbano, co que o Concello de Marín procura actuar nos distintos barrios para mellorar a estética, a funcionalidade e a seguridade dos espazos públicos. Desde o goberno local sinalan que se seguirá traballando para dar resposta ás demandas veciñais e impulsar novas melloras en toda a vila.