O concelleiro Manuel Santos, a edil Marián Sanmartín e a alcaldesa María Ramallo nun pleno.

Con esta aprobación definitiva, a céntrica parcela poderá desenvolverse no futuro, creando novos edificios e permitindo a apertura dun novo vial entre a Rúa da Estrada e Fondo do Saco, con 27 novas plazas de estacionamento

A alcaldesa, María Ramallo, informou de que a Xunta de Galicia vén de
aprobar definitivamente a modificación puntural do PXOM que se tramitou desde
o Concello e que afecta ao solar da zona de Méndez Núñez. Esta modificación
iniciouse tras a sentenza do TSXG, que avalou que esta parcela é un chan urbano
non consolidado, polo que permite levar adiante unha futura remodelación
urbanística.

O inicio desta modificación levouse a Pleno en setembro de 2022 e desde entón
traballouse seguindo todo o proceso administrativo que supón modificar un
PXOM. Dentro dese proceso, recibiuse unha alegación, que foi estudada e
finalmente desestimada, e a maiores pedíronse ata 12 informes técnicos e
xurídicos das administracións competentes nesta materia, desde Carreteras á
Dirección Xeral de Patrimonio, pasando por Costas e polo equipo técnico
municipal, entre outros.

Todos eses informes favorables resultaron favorables e o Pleno da Corporación
deu luz verde á aprobación incial, para despois derivarse á Xunta de Galicia, que é
a administración que ten competencia para aprobar de forma definitiva estas
modificacións.

Este paso tan importante permitirá o desenvolvemento futuro da parcela, que
ocupa toda unha mazá urbana na que se incluirán:


● Unha área dotacional privada, correspondente co espazo que ocupa o CPR
La Inmaculada
● Un equipamento público, que poderá ocupar algo máis de 670 metros
cadrados
● Unha zona residencial, na que se poderá construir un edificio de 59
vivendas, cunha extensa zona verde
● A apertura dun vial que conectará a Rúa da Estrada con Fondo do Saco,
que suporá a creación de 27 novas prazas de estacionamento

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *