Deputado, alaldesa e concelleiro durante a visita a Ardán.

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acompañaron ao deputado provincial Javier Tourís a visitar dúas traídas veciñais que foron beneficiarias dos fondos +AQUA da Deputación de Pontevedra, q teñen como obxectivo mellorar estas instalacións de abastecemento hidráulico.

Neste caso, os fondos da anualidade 2024 do programa beneficiaron a 1 vivenda da traída Augas de Ardán e a 46 da de Augas de Moledo. En ambos casos, leváronse a cabo actuacións de mellora dos peches, de instalación de sistemas de cloración e outras melloras que garanten unha boa calidade das
augas. En total, investíronse 20.000 euros.

O deputado informou tamén aos veciños e veciñas presentes da nova convocatoria, que está en proceso de presentación de solicitudes para recibir fondos relativos a esta materia. De feito, o martes 14 de xaneiro ás 19.30 horas o ente provincial organiza unha reunión informativa aberta a todos os colectivos e asociacións para aportar información sobre este plan, o Plan +NOVAQUA e o Plan Provincia Comunitaria. Será na Casa de Cultura de Seixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *