Alcaldesa e artista rubricando o acordo de cesión.

A alcaldesa, María Ramallo, e o que foi Artista Marinense do Ano esta anualidade, rubricaron o convenio de cesión para que toda a poboación marinense poida desfrutalo

Alfonso Sola, Artista Marinense do Ano 2024, cedeu temporalmente ao Museo Municipal Manuel Torres a súa obra de retrato do noso gran pintor marinense, unha das pezas clave da súa exposición de abril e que agora poderá desfrutar toda a cidadanía de Marín.

A alcaldesa, María Ramallo, e o artista rubricaron onte o contrato de cesión temporal da obra. A rexedora agradeceu a Sola a súa “xenerosidade para con toda a sociedade de Marín, que poderemos desfrutar dun cadro que traza unha liña invisible entre o mellor da nosa pintura pasada e actual, mantendo a vista posta nos nosos mellores referentes e apostando polos artistas contemporáneos”.

Todas as persoas que queiran poden visitar o cadro no Museo, que está colocado ao carón do propio Autoretrato de Torres, no que se baseou Sola para a súa creación persoal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *