A concelleira inaugurando onte as xornadas.

A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, abrió onte pola tarde unha nova edición das Xornadas Blanco Freijeiro, que se desenvolverán na Biblioteca Municipal Vidal Pazos ata o venres 29, incluíndo o domingo 1 de decembro unha saída relacionada.

A selección da temática que se propón segue a liña das Xornadas de 2022, partindo dunha materia de actualidade sobre a que se reflexiona dende o punto de vista histórico. Naquela ocasión foi o cambio climático e desta vez será a quenda da Intelixencia Artificial, non tanto na vertente tecnolóxica senón no gran cambio que se prevé vai xerar nas nosas vidas, na humanidade, e que vai a deparar un futuro difícil de prever hoxe en día.

Un cambio desta envergadura, que supón o paso dunha realidade sociocultural e económica a unha nova moi distinta, proponse analizar dende unha perspectiva histórica, centrando a mirada noutros grandes cambios que xa se teñen producido na historia de Occidente, e que foron determinantes na xénese da sociedade actual.

O martes 26 falarase de “A chegada da escritura á Galicia castrexa: a revolución cultural da intelixencia romana”, coa profesora titular de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ana María Suárez Piñeiro.

O mércores 27 será sobre “Un xiro definitivo: a produción de alimentos”, co catedrático de Prehistoria da USC Ramón Fábregas Valcarcel.

O xoves 28 a charla versará sobre “A grande e a pequena manobra: a Revolución Industrial de Lancashire a Marín”, da man do catedrático emérito de Historia e Institucións Económicas da USC, Xoán Carmona Badía.

Finalmente, o venres 29 pechará o ciclo a conferencia da “Intelixencia Artificial: un salto de fe ou o seguinte gran salto histórico?”, coa profesora titular do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña, Laura M. Castro Souto. Ás 21.00 horas, a alcaldesa, María Ramallo, clausurará as xornadas e entregará os diplomas de asistencia.

O domingo 1 organizarase entre as persoas asistentes unha visita ao Museo das Salgadeiras de Moreiras, no Grove.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *