Presentación del Pinga Pinga de este sábado.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o edil de Deportes, Antonio Traba, presentaron xunto a representantes do Club Deportivo Pinarium e da Comunidade de Montes de Santomé a XIV Carreira Reto Pinga-Pinga, un clásico do noso deporte que encherá a parroquia este sábado, 12 de outubro.

Tal e como explicou Diego González, do Club Pinarium, a novidade deste ano será o traslado da carreira para a mañá, arrancando a Carreira Absoluta ás 11.00 horas e a de Menores a partir das 12.00 horas. A oitava edición da andaina sairá a partir das 10.30 horas.

Polo momento, as inscricións, que se poden formalizar a través do portal web Carreiras Galegas, xa alcanzan a cerca de 300 persoas participantes.

Como é habitual, farase unha homenaxe a un deportista galego olímpico, que nesta edición será o triatleta Iván Raña, un auténtico pioneiro na práctica deste deporte na nosa comunidade e que foi Campión Mundial en Cancún en 2002 e Subcampión Mundial por dúas veces en Nueva Zelanda en 2003 e en Portugal en 2004.

Ademais, foi Campión de Europa en 2002 e 2003 e acadou un quinto porto tanto nos Xogos Olímpicos de Sydney como nos de Beijing.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *