A Feira de Oportunidades do ano pasado.

O vindeiro venres 16 de agosto ás 10:30h procederase á apertura da 19a edición da Feira de Oportunidades do Morrazo, que permanecerá aberta o sábado e domingo en horario de mañá e tarde de 10:30h a 14:00h e de 18:00h a 22:30h. na contorna dos Xardíns do Sinal.

O pasado luns comezaron as labores de montaxe estrutural das haimas individuais de 25 metros cadrados cada unha, que darán forma ao espazo conxunto en forma de “T” na contorna dos Xardíns do Sinal que será visitado por aqueles clientes buscadores de verdadeiras “gangas”.

Por outra banda, o xoves é o turno das 29 empresas participantes, que comezarán a trasladar miles de produtos co fin de balerar o stock dos seus establecementos. Á par remataranse ao longo do día os traballos de instalación de iluminación, son e limpeza para deixar todo listo nesta instalación de perto de 1200 metros cadrados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *