Os compoñentes de Trompos os Pes na romaría.

O 25 de xullo, Día de Galicia, é unha das datas máis importantes para a sociedade galega. En Marín, celebrarase como todos os anos cun acto institucional na Alameda, ás 12.00 horas, no que se tocará o himno galego e se repartirán pulseiras co bandeira galega.

Será precisamente a Alameda o epicentro da XXV Romaría Popular da Asociación Cultural Trompos Os Pés, que segue mantendo moi viva esta tradición. Ás 10.30 será a apertura de postos de artesanía e ás 12.00 horas, xunto co acto institucional, actuará o grupo folclórico da entidade.

Pola tarde, ás 18.00 horas haberá xogos tradicionais e ás 20.00 horas, actuación da Asociación Cultural Os Afoutes do Canón de Pau, de Cotobade. Ao rematar, haberá sorteo de agasallos doados polos artesáns e a partir das 21.00 horas, foliada libre. Todo rematará ás 22.30 horas cunha queimada.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *