A Deputación de Pontevedra avanza no proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-0019 entre Figueirido e Marín. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, analizou coa alcaldesa de Marín e tamén deputada provincial, María Ramallo, o proxecto no que está xa a traballar o servizo provincial de Infraestruturas.
Couselo e Ramallo percorreron a estrada provincial entre Figueirido e Marín na que se vai acometer unha actuación de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial. En liñas xerais, as dirixentes estudaron sobre o terreo diferentes aspectos desta actuación que permitirá a urbanización e mellora dun tramo de 1,1 quilómetros desta estrada.
O proxecto para a mellora da mobilidade peonil da EP-0019 entre Figueirido e Marín abrangue un treito comprendido entre o punto quilométrico 4+600 e o 5+700 metros. Neste tramo está previsto, entre outras cuestións, a creación dunha senda peonil.