Iria Malvido grabando al PP en el pleno.

O concelleiro popular se reserva o dereito de tomar as accións legais pertinentes para defender a súa honabilidadente, “non vou a permitir que se me insulte ou impute ningunha comisión dun delito como o de agresión”

O Partido Popular de Cangas defende que a actuación do seu concelleiro José Luis Gestido en ningún momento foi unha agresión contra a tenente alcaldesa socialista Iria Malvido senón que, como se pode comprobar nos múltiples vídeos dispoñibles, consistiu en tapar o obxectivo do seu móbil que estaba a
grabalo
, unha forma de actuar absolutamente improcedente xa que nunca foi costume no noso municipio cos concelleiros e concelleiras se graben uns aos outros durante a celebración do Pleno. Esta foi unha das tantas provocacións aos que está sometido a oposición municipal ás que hai que sumar os ataques
persoais e insultos a micro pechado dalgúns membros do goberno municipal así como de persoas do público militantes do BNG sin que a rexedora intervira en ningún momento.

Na propia videoacta pódese comprobar a actitude agresiva e faltona da concelleira socialista Iria Malvido dirixíndose con moi malos modos, acusando á oposición de disfrutar e alegrase da existencia do problema, calificando a nosa formación de “salvapatrias”, “sólo disfrutan de que nos vaia mal”, “sinvergüenza”, “mentirosa”, “chulo”, “prepotente”, “gallito” ou “que hijos de puta”, algúns deles tamén dirixidos a algúns membros da confraría de pescadores presentes pola grave situación de constantes vertidos de fecais que sofre Cangas. Unha actitude que se repite en cada sesión plenaria cando
alguén manifesta algunha crítica á acción de goberno das tres formacións co compoñen e que está a contribuir a xerar un clima de crispación permanente no que levamos de mandato.

Por outro lado, proba de que non houbo ningunha agresión é que nin a alcaldesa, Araceli Gestido, nin o concelleiro de Medio Ambiente (sentado no asento contiguo de Malvido), Antón Iglesias, dixeron nada nin actuaron durante nin despois do sucedido. É máis, o pleno continuou con absoluta normalidade. Pola contra, o que sí está a ocorrer é unha campaña de desinformación e de desprestixio dunha persoa, amplificada polas redes sociais, que reflicte o que estamos a vivir en Cangas coa que se pretende ocultar informativamente o grabe problema de vertidos de augas fecais a nosas rías, denunciada desde hai moito tempo pola nosa formación e colectivos sociais como a Confraría de Pescadores, colectivo este, que tamén tivo que soportar os malos modos de algúns membros do grupo de goberno.

No camiño, se está a desprestixiar a unha persoa con graves efectos na súa honorabilidade repercutindo tamén negativamente no seu círculo familiar e persoal. Por ese motivo o concelleiro do PP de Cangas, José Luis Gestido, sinala que “se reserva o dereito de tomar as medidas legais pertinentes na defensa do seu dereito ao honor e a propia imaxe contra os ataques realizados a través de injurias ou acusacións veladas da posible comisión dun delito como é unha agresión, as faga algún membro do goberno local o unha ministra do Goberno de España”.

Abandono do Pleno

O noso grupo municipal, ante as acusacións de manipulación da confraría de pescadores por parte da nosa formación, ante os constantes incumprimentos dos acordos plenarios, ante o ocultismo e opacidade na información sobre os vertidos, ante a costume do goberno local de culpar á oposición dos problemas que son incapaces de resolver e ante o clima de faltas de respecto e insultos xerado, decidimos en sinal de protesta abandoar o Pleno.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *