O concelleiro visitando a aula CeMit.

Dotouse de 21 novos ordenadores e 10 tablets a través dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fegamp

A dixitalización da sociedade é un piar fundamental da xestión pública. A día de hoxe, as novas tecnoloxías forman parte do noso día a día e o condicionan, por iso é preciso actuar para paliar a fenda xeracional que se produce entre a poboación máis avanzada neste sentido, normalmente a máis nova, e a que aínda ten dificulades para seguir o ritmo.

Neste sentido, o Concello de Marín adheriuse ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede de Aulas CeMit, o que ten como finalidade a renovación do material tecnolóxico que se conta. Tal e como explicou ou concelleiro de Novas Tecnoloxías, Hugo González, a renovación foi de 21 ordenadores all in one e 10 tablets, “que mellorarán a capacidade de traballo e de aprendizaxe das persoas usuarias da aula”.

A inversión fíxose ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *