O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, acompañado da alcaldesa, María Ramallo, a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, e o xerente de Estrela de Marín, Yonathan Carreira, visitou esta tarde algúns dos comercios adheridos en Marín ao Bono Comercio da Xunta de Galicia.
Esta iniciativa da Xunta de Galicia forma parte do paquete de medidas específicas para o sector que o Goberno galego está a poñer en marcha para acompañar ao comercio de proximidade na súa reactivación, e que contará cando menos con 20 millóns de euros en axudas para reforzar a competitividade do texido a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven ou consumo.