Roteiro pola costa de Tirán.

O Concello de Moaña recibe unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental por valor de 29.997,81 euros para destinalos ao acondicionamento de pasarelas, escaleiras e varandas do roteiro da costa de Tirán, na contorna do Iglesario. Trátase do 75 por cento do custo total do investimento.

Con esta actuación darase resposta á demanda efectuada non Consello Veciñal de Tirán ante o mal estado que presentan estes elementos na zona do miradoiro da Mona e na praia do Río da Ribeira. A súa mellora permitirá a utilización «recreativa e didáctica» dos recursos naturais de cara a súa conservación medioambiental como «o aumento da sensibilidade ambiental dos cidadáns sobre os espazos naturais, realizar actividades de ocio sen supoñer un gran impacto ao medio natural e o fomento do turismo natural que acaba sendo unha fonte de ingresos para a zona». Este é un dos puntos máis atractivos para as persoas que visitan Moaña dentro da ruta da Costa de Tirán e da ruta literaria ligada ao “Ultimo Barco”, libro escrito por Domingo Villar.

Entre as actuacións que se levarán a cabo, están as demolicións de varias pasarelas, varandas e escalinatas de madeira para a súa reconstrucción, ademáis da instalación de carteles informativos con tejadillo de madera.

O custe total do proxecto ascende a 39.997,08 euros, impostos incluídos, polo que unha vez confirmada a subvención, o concello terá que asumir con fondos propios o 25% da obra. É dicir algo menos de 10.000,00 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *