Con motivo da celebración do 15 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en Moaña, entre os días 22 de xullo e 10 de agosto serán instalados nesta área un fondeadeiro e un pantalán de acceso.
Dende a organización solicitan a colaboración das embarcacións amarradas ou fondeadas entre a rampla da Ramona e o Fisgón para que se trasladen a outra ubicación durante eses días.
Hai dispoñibles prazas de amarre no pantalán do Con para as embarcacións que non dispoñan de unha ubicación alternativa.
Para máis información, chamar ao 604 077 504.