O CEIP de Seixo acolle estes días as obras de reforma e de mellora do muro de
sostemento que rodea o centro educativo da parroquia, que se atopaba en mal
estado, debido a unha serie de fendas que había na estrutura, e que podían
supoñer un perigo para os nenos e nenas.
Con esta actuación, retranquéase un pouco o terreo e recomporase o muro para
mellorar a súa firmeza. A obra, que é financiada pola Xunta de Galicia, supón
unha das melloras demandadas polos centros de todas as que o Concello
canalizou cara a administración autonómica, de cara a acadar financiación para
que sexan realizadas.