A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe unha subvención de 890.753 euros para a peonalización do ámbito da rúa Eduardo Vicenti e Avenida de Monteros Ríos. Unha achega que cubre máis do 80% do investimento, que ascende a 1.187.671 euros.
A peonalización deste entorno, xestionada na etapa de Victoria Portas como alcaldesa, forma parte do proxecto do anterior goberno de humanización do casco urbán de Cangas, priorizando criterios como a accesibilidade, a prioridade peonil, e a conexión cos xardíns ata o mercado de abastos.